Xornada «A Educación dos Consumidores»:

Informámosvos que Adicae Galicia-Consumidores Críticos, Responsables y Solidarios-  vai celebrar ó longo dos vindeiros meses o ciclo de xornadas “Crise e recuperación económica: novos retos para os dereitos dos consumidores”.

 

A primeira destas xornadas terá lugar este martes 11 de marzo a partir das 17:30 horas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela e levará por título A EDUCACIÓN DOS CONSUMIDORES: MEDIDAS CONTRA A DESEDUCACIÓN, co fin de aportar unha visión global do nivel de educación da poboación galega no eido do consumo e extraer propostas de mellora en todos os niveis educativos.

 

En decembro de 2013, Adicae presentou un estudo sobre o Nivel de Educación Financeira da Poboación Española en colaboración coa Escola Profesional de Relacións Laborais da Universidade Complutense de Madrid. No citado estudo constatábase que a formación e a información da poboación española é insuficiente. Por este motivo propuxéronse celebrar estas xornadas a nivel autonómico para debater sobre as causas e as propostas de solución fronte a esta realidade, no consumo en xeral e no consumo de produtos financeiros en particular.

 

Así mesmo, pretenden que esta xornada sexa un punto de encontro dos diversos persoeiros vinculados coa materia, onde debater e reflexionar sobre a educación para o consumo, tan precisa no día a día dos galegos.
Para mais información e inscripcións:

ADICAE GALICIA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Avda. de Vilagarcía, 2 – Entreplanta, Oficinas. (Prza. de Vigo)
Telf.: 981 941 397      Email: santiagodecompostela@adicae.net

 

Sin comentarios

Deja un comentario