Encontro «Cooperativismo: sostibilidade e innovación social»

A Consellería de Traballo e Benestar organiza o Encontro “Cooperativismo: sostibilidade e innovación social” centrado nas potencialidades do cooperativismo no eido dos servizos sociais, particularmente nos aspectos referidos á mellora da calidade na prestación dos servizos e a creación de emprego, a través de fórmulas de emprendemento colectivo.

 

O Encontro, celebrarase o día 4 de xullo de 2014 no Centro Ágora da Coruña.

Para máis información e inscricións pode dirixirse a web: www.cooperativasdegalicia.coop

Sin comentarios

Deja un comentario