Participa na elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020:

Na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) están inmersos no proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020, a folla de ruta en materia tecnolóxica co horizonte 2020.

Queren que a Axenda sexa unha estratexia de todos e para todos. E para iso, abordan a súa elaboración en base a un modelo de intelixencia colectiva, facendo partícipes dende o inicio a todos os axentes implicados na identificación e resolución dos desafíos dixitais aos que se enfronta Galicia no horizonte 2020.

A este respecto, informan de que a través do Blog XenteDixital (http://blog.adg2020.es/) está en marcha unha campaña para a participación social, para que calquera persoa poida achegar as súas suxestións libremente ou dar resposta a unha serie de desafíos tecnolóxicos que se formularán periodicamente. Dende o 28 de xullo e ata o 15 de setembro estarán abertos os seguintes desafíos sobre os que poderán facer as súas achegas:

A que servizos públicos che gustaría acceder a través da Internet?

Que farías en materia de accesibilidade dixital para que todas as persoas poidan facer uso dos servizos públicos dixitais?

Sin comentarios

Deja un comentario