Xornadas «Cooperativismo e Xuventude»

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social está a colaborar coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado na organización dunha serie de xornadas que, baixo o título de «Cooperativismo e Xuventude», se levarán a cabo nos meses de novembro e decembro. O próximo mércores 26 de novembro terá lugar a segunda desas xornadas, en Santiago de Compostela, no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas (Avda. do Burgo, s/n, Campus Norte, 15782 Santiago de Compostela), de 10:00 a 13:30 h.

A xornada está dirixida a mozos e mozas que estean a buscar un traballo, xa que poden encontrar resposta a través da fórmula cooperativa, e especialmente a estudantes de centros universitarios e alumnos de centros de formación profesional, centros de formación ocupacional e centros de formación secundaria de Galicia que estean a finalizar procesos educativos ou formativos e pretendan incorporarse ao mundo laboral.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente a través do teléfono 600 516 237 ou enviando un correo electrónico ao enderezo eventos@eusumo.coop O prazo de inscrición para esta xornada remata o 24 de novembro.

Sin comentarios

Deja un comentario