«Cooperativas culturais: unha resposta ante tempos de cambio».

Porque cooperación e  creatividade son aliadas necesarias para afrontar os retos do futuro, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social está a desenvolver accións para impulsar o coñecemento mutuo entre o sector cultural e a economía social.  Por iso, o venres 19 de decembro de 2014 recomendamos que te achegues á xornada «Cooperativas culturais: unha resposta ante tempos de cambio», destinada a todas aquelas persoas e entidades interesadas no desenvolvemento de proxectos de tipo cultural, artístico e creativo, con forma cooperativa.

Ademáis de presentar o Estudo de Boas Prácticas no eido do Cooperativismo Cultural, expoñeránse iniciativas culturais con forma cooperativa (de servizos, de consumo, de traballo asociado, intercooperación…), contando coa participación de artistas e músicos relacionados con este eido. Adxúntase programa da xornada e carta de convite.

Para aquelas persoas e entidades interesadas ofrecerase asesoramento e formación técnica especializada a través de mesas técnicas.

A xornada está orientada a profesionais e emprendedores do sector cultural, axentes e entidades de fomento do emprego e do emprendemento, membros de empresas cooperativas e público en xeral.A asistencia é de balde previa inscrición en  https://cooperativascult.typeform.com/to/asWhA3  
Para formar parte dunha mesa técnica é preciso inscribirse en https://cooperativascult.typeform.com/to/asWhA3 indicando sector, número de persoas interesadas e breve descrición do proxecto. As mesas terán lugar a partires das 16:00 h cunha duración aproximada de media hora.

Onde?
 MUPEGA (Museo Pedagóxico de Santiago)
San Lázaro, n.º 107
15781 Santiago de Compostela
Horario: de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00
Día 19 de decembro de 2014

Sin comentarios

Deja un comentario