Xornada «Mulleres na Política»
Publicado el 25 de febrero de 2015 en Conferencias, Noticias
A Oficina de Igualdade de Xénero organiza a Xornada Mulleres na política. Construíndo a democracia. O papel das mulleres na lexislatura constituínte de 1977, que terá lugar o vindeiro 4 de marzo ás 11:15 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.
Esta é unha xornada de proxección e coloquio en torno ao documental Las Constituyentes na que teremos a ocasión de debater cunha das súas protagonistas: Nona Inés Vilariño Salgado, deputada da 1ª lexislatura pola Coruña.
Inscrición gratuita en www.usc.es/oix
Entregarase diploma acreditativo de asistencia.
Sin comentarios