Máster DEIN

Desenvolvemento Económico e Innovación:

Cartaz DEIN

O Máster DEIN , oficial da Universidade de Santiago de Compostela, ten como obxectivo proporcionar aos participantes unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, nos ámbitos do desenvolvemento económico rexional e local e no da análise e xestión da I+D e a innovación, configurados como dúas especializacións diferenciadas.

Unha vez terminada a súa formación o estudante debe estar capacitado para incorporarse efectivamente en actividades de consultoría e asesoramento especializado a empresas e administracións ou para responsabilizarse directamente de labores de deseño e xestión de proxectos de I+D e innovación en empresas, centros tecnolóxicos e organismos de investigación así como no deseño e xestión de programas e proxectos de desenvolvemento local, rexional ou sectorial en organismos públicos.
A formación adquirida tamén ofrecerá ao estudante os coñecementos necesarios para poder emprender investigacións aplicadas no campo do desenvolvemento rexional e local, o cambio tecnolóxico e a innovación.

 

Modalidade: presencial (existencia de plazas a tempo parcial).

Duración: un curso (60 créditos).

Conta con convenios para prácticas externas e proporciona acceso a doutoramento en Economía e Empresa da USC.

Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela.

 

Máis información na web do Máster: www.usc.es/icede/master.htm

Tamén podedes descargar o folleto coa infromación en pdf: Folleto DEIN